Galician English French German Spanish
Inicio
19 | 10 | 2018
Bando: Normas Camiño de Santiago

 
Concello de Sarria

Dona María del Pilar López Yáñez, Alcaldesa – Presidenta do Concello de Sarria, Provincia de Lugo.

FAGO SABER

Na actualidade o Camiño de Santiago contribúe á mellora da economía dos lugares por onde transcurre e debemos abogar polo fomento de conductas que promovan o seu desenrrolo e boa imaxe. Concretamente, a ruta do Camiño Francés foi recoñecida en 1993 "Patrimonio da Humanidade", e a nivel internacional é merecedora dos máis altos recoñecementos como itinerario cultural europeo.

Somos coñecedores dos esforzos que está a realizar todo o sector hostaleiro de Sarria para conseguir unha boa imaxe dos seus establecementos, e así darse a coñecer para favorecer a chegada de xentes de todo o mundo á nosa Vila.

Segundo o artigo 53.2 a) da Lei 5/2016, de 4 de Maio de Patrimonio Cultural de Galicia, nos monumentos, sitios históricos, zonas arqueolóxicas e xardíns históricos declarados de interese cultural: “Queda prohibida a instalación de publicidade comercial e de todo aquelo que impida ou deturpe a apreciación do ben dentro do seu entorno

Así mesmo, o artigo 78.3 c) da mencionada Lei di que "No ámbito delimitado do territorio histórico dos Camiños de Santiago prohibense os seguintes usos e actividades:

"A publicidade ou os carteis en tramos non urbanos que excedan da finalidade meramente indicativa para a localización de servizos ou establecementos, o que terá que ser expresamente autorizado pola Consellería competente en materia de patrimonio cultural. En tramos urbanos, a súa regulación corresponde ó respectivo Concello".

En canto á sinalización dos Camiños de Santiago, o artigo 81.4 dispón: “ Non poderá usarse a simboloxía e sinalización propia dos Camiños de Santiago sen a autorización do departamento responsable na materia”.

Agradecendo de antemán a súa colaboración para dar cumprimento ó disposto na normativa vixente, espero contar coa boa disposición de tódolos sectores implicados, quedando á súa disposición para a aclaración de calquer dúbida.

 

Bando: Normas Camiño de Santiago

 

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

A ALCALDESA – PRESIDENTA

Asdo.: María del Pilar López Yáñez

Concello de Sarria

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

Sarria, a 02 de febreiro de 2016

A ALCALDESA – PRESIDENTA

Asdo.: María del Pilar López Yáñez

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio