Galician English French German Spanish
Inicio
15 | 11 | 2018
Curso de Verán "Bailar Xogando"

 
Curso de Verán "Bailar Xogando"

 

Con este curso a Asociación Cultural Peleriños pretende achegar ós nenos e nenas a nosa cultura traducional mesturando o baile e a música co xogo.

Para isto trataremos de ofrecer diferentes actividades que aporten novos coñecementos e permitan descubrir apartados da nosa cultura que as nenas e nenos non tivesen a oportunidade de ter visto antes.

Este curso será impartido por bailadores e músicos da asociación e membros activos da vida cultural galega no ámbito da música e do baile tradicional.

 

Celebrarase entre os días 17 e 19 de xullo, dende as 5 ata as 8 da tarde.

 

Para asistir deberanse abonar 5€ por persoa, así como apuntarse previamente chamando ó 626 178 651 (Carme) ou 693 299 292 (Betty).

 

 

 

Organiza: Agrupación Cultural "Peleriños"

A.C Peleriños

 

 

 

Colabora:

Delegación de Cultura do Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio