Galician English French German Spanish
Inicio
15 | 11 | 2018
Normas para a adxudicación das prazas das Escolas Deportivas Municipais

 
Escolas Deportivas Municipais 2017/18

 

As presentes normas teñen por obxecto regular as condicións que rexerán o sorteo, adxudicación de prazas e formalización da matrícula das Escolas Deportivas para Adultos 2018-2019 ofertadas polo Concello de Sarria.

 

  1. Poderán participar no sorteo todos os alumnos preinscritos de acordo coas normas publicadas relativas ás Escolas Deportivas Municipais 2018/2019.
  2. O día 1 de outubro exporanse ao público as listas de admitidos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Sarria. O prazo para consulta e presentación de reclamacións finalizará o día 3 de outubro ás 14:00 horas. As listas provisionais publicadas conterán como datos básicos de identificación nome e apelidos dos solicitantes, así como número de rexistro de entrada que consta no xustificante entregado no momento de formalizar a preinscrición.
  3. O SORTEO terá lugar mediante acto público o día 4 de outubro ás 11:00 horas no Salón de Plenos do Concello, levantándose acta dos seus resultados á finalización do mesmo por parte do Secretario da Corporación. A adxudicación das prazas realizarase mediante un sorteo independente para cada actividade. Neste sorteo inclúense todos os números de rexistro das solicitudes, asignándose un código identificador a cada  número de rexistro a través dun proceso informático de elección aleatoria que designará consecutivamente os premiados ata esgotar as prazas ofertadas en cada grupo, o resto quedarán en reserva.
  4. Finalizado o sorteo poderanse consultar os resultados para cada grupo no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Sarria.
  5. A formalización da matrícula realizarase entre os días 5 e 12 de outubro, presencialmente nas Oficinas municipais en horario de 09:00 13:00 horas, cumprimentando o modelo normalizado de inscrición, ou ben realizando o trámite sen necesidade de acudir ás dependencias municipais a través da páxina web www.sarria.es mediante formularios dispoñibles en formato PDF. O pago da actividade deberá efectuarse mediante ingreso directo na conta de ABANCA nº ES1120800143313110000063.  Se a persoa adxudicataria da praza non realiza a inscrición e pago no prazo establecido perderá o dereito á mesma, xestionándose a praza de conformidade co disposto a continuación para as listas de espera.
  6. O prazo de chamada, inscrición e ingreso das cotas para as listas de espera será do 26 de outubro ao 28 de decembro. Contactarase cos interesados presentes na lista de espera mediante chamada telefónica e/ou correo electrónico. No suposto de non poder contactar coa persoa darase de baixa na lista de espera nos seguintes supostos:
    • Ao non recibir resposta durante 24 horas tras deixar mensaxe no buzón de voz ou correo electrónico.
    • Ao non poder contactar coa persoa tras realizar tres intentos a distintas horas no prazo de 24 horas, se o interesado non dispón de buzón de voz nin correo electrónico.
    • O empregado público que realice o chamamento fará constar a circunstancia concorrente mediante dilixencia.
  7. Esgotada a lista de reserva, as vacantes que se produzan cubriranse a medida que se reciban novas solicitudes .
  8. As persoas que se incorporen a un obradoiro de pago unha vez iniciado este, abonarán a cota íntegra.

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio