Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Hipócrita Teatro: "Hotel Desencanto"
20 | 05 | 2019
Hipócrita Teatro: "Hotel Desencanto"

 
Aula de Teatro de Sarria presenta: "Hotel Desencanto"

  • Día: Domingo 25 de novembro.
  • Horario: 19:00h.
  • Lugar: Casa da Cultura.
  • Duración da peza: 60 minutos
  • Idioma: galego.

Breve sinopse
O Hotel Desencanto non é o mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ó hotel co ánimo de gozar dunha estancia agradable. Lograrano?

Autora da obra:
María J. García (Becerreá, 1964) é mestra e psicopedagoga. Membro fundador da Asociación Cultural Hipócrita Teatro, ademais de actriz da compañía amador é autora de boa parte das obras que esta levou a escena.

Descrición da obra:
“Hotel Desencanto” é unha peza de teatro contemporáneo que mestura comedia, drama e suspense.
A obra está estruturada en cinco escenas:
A primeira escena serve de introdución e presentación dos personaxes e sitúa ao espectador no contexto onde se vai desenvolver a acción: oito hóspedes van chegando a un hotel onde os recibe un recepcionista que lles entrega as chaves das súas respectivas habitacións.
As seguintes catro escenas ben puideran suceder de xeito simultáneo, aínda que ó espectador se lle presentan de forma secuenciada. Cada escena
mostra o que acontece dentro dunha das habitacións. Cada escena é unha historia con principio e fin.

 

Hipócrita Teatro de Sarria presenta: "Hotel Desencanto".

Dirección: Carlos Rebolo.

Colabora: Rebuldeira Teatro.

 

 

Organiza:

Delegación de Cultura do Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio