Galician English French German Spanish
Inicio
25 | 04 | 2019
mod_vvisit_counterNº de visitas1300702
Temos 32 convidados en liña

Despregamento 4G na banda de 800MHZ

Cursos na aula CeMIT en febreiro

 
Cursos aula CeMIT febreiro

A aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) de Sarria comezará a impartir no mes de febreiro dous novos obradoiros de alfabetización dixital.

  • Un obradoiro de Iniciación á informática e a Internet, dirixido a aquelas persoas sen coñecementos que queiran achegarse ás posibilidades da Rede. Este curso terá un horario de 11:00 a 12:45 os martes e xoves desde o 2 de febreiro ata o 28 de marzo.
  • Un curso de procesador de textos Libreoffice Writer dirixido a persoas sen coñecementos ou con coñecementos básicos, desde o 4 de febreiro ata o 28 de febreiro os luns, xoves e venres de 17:00 a 18:45.

As usuarias e usuarios da rede CeMIT interesadas, poden apuntarse nalgún destes cursos a partir do mércores 23 de xaneiro ás 11:00 da mañá na aula CeMIT do Concello de Sarria ou a través da páxina web da Rede CeMIT (cemit.xunta.gal)

Ademais,   este   martes   publicarase   no   DOG   unha   nova   convocatoria   do   curso   de   teleformación titorizado   de   preparación   para   a   obtención   da   certificación   galega   de   competencias   dixitais   en ofimática (CODIX). As persoas interesadas poden inscribirse ou buscar máis información na páxina web da rede CeMIT (cemit.xunta.gal).

A aula ten un horario de uso libre dos equipos en horario de  mañá os luns, mércores e venres de 10:30 a 13:30 e os martes e xoves de 12:45 a 13:30, e en horario de  tarde todos os días de 16:00 a 17:00.  Para inscribirse ou para solicitar máis información, poden dirixirse á Aula CeMIT de Sarria, sita na planta baixa da Casa da Cultura (Rúa Marqués de Ugena, s/n).

 

Ou escribindo ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou na páxina web da Rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal


CeMIT

 

 

Centro Multimedia de Galicia

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio