Galician English French German Spanish
Inicio
19 | 03 | 2019
Exposición Xacobeo

 
Exposición Xacobeo

 

Exposición "Xacobeo: Cando todos os camiños conducen a Galicia"

Mostra itinerante que conmemora o 25º aniversario da Declaración do Camiño Francés en España como Ben Patrimonio Mundial, inaugurase en Sarria cando se cumpren 90 anos do nacemento de Elías Valiña Sampedro (Sarria, 2 de Febreiro de 1929 - Lugo, 11 de decembro de 1989)

Organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, exponse na antiga cárcere de Sarria, do 1 ao 14 de febreiro de 2019, en horario de 10:00h a 14:00h, de luns a venres.

Trátase dunha mostra fotográfica que realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, supuxo un punto de inflexión na peregrinación a Compostela.

A mostra puídose contemplar por primeira vez no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela, o pasado mes de decembro, coincidindo co acto conmemorativo deste aniversario.

 

 

Xacobeo 2021

Delegación de Turismo

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio