Galician English French German Spanish
Inicio
20 | 05 | 2019
mod_vvisit_counterNº de visitas1310980
Temos 20 convidados en liña

Despregamento 4G na banda de 800MHZ

Subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco antigo

 
Área de Rehabilitación

Con data 02/01/2019, a Xunta de Goberno Local  do Concello de Sarria prestou aprobación ás  bases  e a convocatoria pública de subvencións, en réxime de concorrencia, destinadas a financiar os gastos derivados das actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas situadas dentro do ámbito definido como Área de Rexeneración e Renovación urbana do casco antigo de Sarria,  todo elo para os efectos de dar  cumprimento aos convenios asinados nesta materia entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Sarria.

 

O texto íntegro das bases da convocatoria está a disposición de tódolos interesados  na  Base  de  Datos  Nacional  de  Subvencións; e  no  portal  de  transparencia  municipal (https://sede.sarria.es).

As  bases tamén poderán consultarse de maneira presencial na concellería de urbanismo do Concello de Sarria, en horario de 9:00 a 14:00 horas e en días hábiles.

 

As solicitudes formularanse preferentemente nos modelos oficiais que figuran como anexos da convocatoria e se presentarán no rexistro xeral  do Concello de Sarria ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015,  de  1  de  outubro,  do  Procedemento  Administrativo  Común  das Administracións Públicas.

O prazo para a presentación das solicitudes rematará o próximo día 15 de  maio  de  2019  (tres  meses contados  dende  o  día  seguinte  ao  da publicación do anuncio oficial de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia). O dito anuncio foi publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 39, de data 15 de febreiro de 2019.

 

Subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas situadas dentro do ámbito definido como Área de Rexeneración e Renovación urbana do casco antigo de Sarria

Bases da convocatoria

Modelo Solicitude. ARRU

Modelo Solicitude. ARRU. Relación propietarios


Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio