Galician English French German Spanish
Inicio
17 | 07 | 2019
mod_vvisit_counterNº de visitas1343745
Temos 50 convidados en liña

Despregamento 4G na banda de 800MHZ

Semana das Letras e a Lectura de Sarria

 
Semana das Letras e a Lectura de Sarria

 

Un ano máis, desde a Concellería de Cultura e Igualdade, abrimos de par en par as portas da Semana das Letras e a Lectura de Sarria para celebrar a lingua que nos une. Unha aposta polo libro e a lectura como pilar fundamental do noso desenvolvemento desde a infancia que nos achega a mundos que nunca coñeceríamos se non é a través das súas páxinas.

Do 6 ao 12 de maio, escoitaremos contos lidos ou narrados en voz alta, veremos ilustracións que contan a súa propia historia, música que serve para inventar universos, personaxes animados que xorden das páxinas escritas, bailaremos a ritmo de Rap en galego e saberemos como xorde o guión dunha serie… Todo isto e moito máis, para converter Sarria nunha inmensa biblioteca que alimente os soños das nosas crianzas e o amor polos libros. Esta festa é vosa, de todos os nenos e nenas, familias, docentes, escolas e bibliotecas. Convidámosvos a gozar dela.

Boa semana e boas Lecturas!

 

 

Semana das Letras e a Lectura de Sarria

 

Toda a información en Lectura Sarria

 

 

 

 

Delegación de Cultura e Igualdade do Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio