Galician English French German Spanish
Inicio
17 | 07 | 2019
mod_vvisit_counterNº de visitas1343753
Temos 37 convidados en liña

Despregamento 4G na banda de 800MHZ

Progama de adopcións especiais

 
Meniños

O programa de adopcións especiais de Galicia ten como finalidade a promoción da adopción de nenos, nenas e adolescentes que teñen dificultade para ver satisfeito o seu dereito para vivir en familia.


O noso traballo

  • En  Meniños buscamos familias dispostas a ofrecerlle a un neno, nena ou adolescente un ambiente familiar estable e seguro.
  • Ofrecemos ás familias información, formación, orientación, acompañamento e apoio técnico durante todo o proceso, de maneira que a integración familiar desenvólvase de forma satisfactoria.
  • Tamén prestamos apoio a todas aquelas familias que, non estando incluídas no programa, sexan derivadas polos equipos técnicos do menor por presentar problemas de convivencia ou preverse especiais dificultades de integración.
  • Difusión á sociedade galega a través de campañas de sensibilización sobre a adopción.

Persoas destinatarias

  • Nenos, nenas e adolescentes que se atopan en disposición de ser adoptados e que, por presentar necesidades especiais, teñen unha maior dificultade para atopar unha familia (por exemplo, adolescentes, grupos de tres ou máis irmáns e /ou irmás, nenos ou nenas con discapacidade ou enfermidade, e en xeral quen presente calquera outra característica especial que poida dificultar a adopción).
  • Persoas que iniciaron ou están a iniciar un proceso adoptivo e presentan dispoñibilidade para asumir unha adopción especial.
  • A sociedade galega a través de campañas de sensibilización.

Localización territorial

Comunidade Autónoma de Galicia.

Este programa desenvólvese por contratación coa Consellería de Política Social dá Xunta de Galicia.

 

 

Infórmate: 981 269 955 | 678 752 393

 

 

 

 

Meniños

Xunta de Galicia

 

 

  Compartir
Cartel


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio