Galician English French German Spanish
Inicio
24 | 06 | 2019
XL Campionato de España de Baloncesto Infantil Masculino

 
XL Campionato de España de Clubs Infantil Masculino

Lugo e Sarria serán as sedes do Campionato de España Infantil Masculino, que ten xa o calendario da primeira fase. Os 32 mellores equipos do país veranse as caras nunha provincia de gran tradición de baloncesto.

O torneo disputarase en tres pavillóns da provincia lucense: o Pazo e o Municipal en Lugo e o Novo Chanto en Sarria, desde o domingo 9 ao sábado 15 de xuño.

Serán 66 partidos que se disputarán en sete días de competición. A Primeira Fase estará dividida en catro grupos (A, B, C e D) con cabezas de serie nos que os tres primeiros pasarán a oitavos de final e outros catro grupos (E, F, G e H) nos que o líder terá tamén praza ás eliminatorias polo título.

A partir do mércores 12 de xuño os encontros serán eliminatorias directas polo título cos 16 equipos clasificados da primeira fase.

Sarria acollerá 12 partidos da fase de grupos os días 9, 10 e 11 de Xuño, a metade dos partidos de oitavos de final o mércores 12, e tódolos partidos de cuartos de final o xoves 13, así que os oito mellores equipos do campionato xogaranse en Sarria pasar ás semifinais.

A entrada será libre en tódolos partidos do torneo

Calendario de partidos a disputar en Sarria

 

 

 

Organiza:

Club Estudiantes Lugo.

Colaboran:

C.B. Sarria

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio