As concellerías de cultura e deportes presentan as actividades culturais de verán 2019 , os obradoiros de conciliacion asi como os cursos de natación.
Cursos Piscinas
Meses xullo e agosto en quendas quincenais de media hora de luns a vernes (agás festivos) dende as 12: 30 ás 15:00 h
Nenos de idade inferior a 4 anos: 13:30 horas ata as 14:00 horas. E de 14:00 horas ata as 14:30 horas.
Cota:
- Por quincena e quenda 13,34€. e desconto a partir do segundo irmán cun prezo de 8,89€.
- Por mes e quenda 26,61€ e desconto a partir do segundo irmán cun prezo de 17,94€.
Abono Tempana
Cota: Abono tempada: Individual: 26,60€. Familiar: 35,45€.
Entradas para un día para maiores de 18 anos: 1,85€
Entradas para un día menores de 18 anos: 0,85€.
Programa Concilia no Verán 2019
Meses de xullo e agosto,en quendas quincenais de luns a venres excepto festivos.Cota: 8,86 € por quincena e actividade
Mañás culturais para idades entre os 3 anos e os 14 anos.
- Horario: 9:30 horas a 14:00 horas.
- Lugar: Escola Municipal de Música e Casa da Cultura.
Mañás deportivas para idades entre os 4 anos e os 14 anos.
- Horario: 10:00 horas a 14:00 horas
- Lugar: Instalacións dos pavillóns publicos e as piscinas cubertas.
Bases Concilia Verán 2019
Solicitude Actividades
Solicitude Cursos Piscinas
PAGAMENTO DA TAXA CORRESPONDENTE : efectuarase mediante a modalidade de domiciliación con cargo en conta unha vez iniciada a prestación do servizo, do que se informará ás entidades bancarias mediante o formato electrónico establecido para a comunicación de domiciliados, nas entidades bancarias colaboradoras (ABANCA, CaixaBank ou Caixa Rural).
NORMAS DE COMPORTAMENTO E RECOMENDACIÓNS:
- A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do obradoiro
- A organización dos obradoiros non permitirá ningún tipo de comportamento violento, tanto físico como verbal. Se algún dos participantes dificulta a dinámica no desenvolvemento das actividades en repetidas ocasións (previas advertencias da situación á nai, pai ou representante legal do menor), pode ser susceptible de expulsión segundo determine o equipo de educadores ou os responsables da actividade.
- Recomendacións:
- Non levar aos campamentos aparellos electrónicos, videoxogos, móbiles, etc.
- Levar roupa e calzado cómodo, unha gorra e crema de protección solar por se se realizan actividades no exterior.
- Non levar diñeiro ou obxectos de valor pois a organización non se fai responsable das perdas ou rompeduras que poidan producirse durante o campamento.
- É aconsellable que non asistan aos campamentos os participantes que teñan enfermidades contaxiosas ou que presenten algún dos seguintes síntomas: máis de 37,5º de febre, vómitos ou diarrea, chagas ou aftas na boca, dificultade respiratoria, conxuntivite, erupcións ou alteracións atípicas na pel ou no caso de ter piollos.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
Na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Sarria (O.M.I.X) 982535000 dende o día 18 de xuño en horario de 10:00 horas a 14:00 horas , anexando copia do D.N.I. da persoa titular do número de conta bancaria as prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de presentación de solicitudes , sendo plazas limitadas¡¡¡¡
