Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Dona Barriga Verde
07 | 12 | 2019
Dona Barriga Verde

 
Barriga Verde

  • Data : Sábado 3 de agosto
  • Hora: 21:30 h.
  • Lugar: Paseo do Malecón

 

Dirixido a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer  a rica tradición do títere de cachaporra da Península chega esta nova versión do personaxe galego Barriga Verde.

Con protagonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas  aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

Dona Barriga Verde integra elementos do Barriga Verde galego, creado por José Silvent a principios do século XX, con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas como son o Dom Roberto portugués, o Pulcinella italiano ou o Punch&Judy inglés entre outros.

Sinopse:

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.

 

 

 

Organiza:

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio