Galician English French German Spanish
Inicio
15 | 09 | 2019
mod_vvisit_counterNº de visitas1373955
Temos 75 convidados en liña

Despregamento 4G na banda de 800MHZ

Campaña Separar con Xeito

 
Camapaña Separa con Xeito

O Concello de Sarria acolle as actividades da campaña Separar con Xeito.

 


A Campaña Separar con Xeito, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes, ten por obxectivo explicar as claves da xestión sostible dos residuos urbanos (especialmente os do contedor amarelo e azul), e resolver as dúbidas suscitadas aos visitantes das diferentes feiras, festas e eventos gastronómicos de toda Galicia aos que acude día a día.

O vindeiro venres 20 de Setembro (en horario de 10:30-13:00h) os monitores ambientais desprazaranse á tradicional Feira de Sarria, onde informarán aos cidadáns, que se acheguen á carpa informativa situada no Campo da Feira, sobre as pautas que permitan mellorar a recollida selectiva dos residuos para favorecer a súa posterior reciclaxe.

A través das accións enmarcadas nesta campaña preténdense fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de envases de plástico, envases lixeiros, papel e cartón.

 

Concello de Sarria

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

Sarria, a 02 de febreiro de 2016

A ALCALDESA – PRESIDENTA

Asdo.: María del Pilar López Yáñez

  Compartir
Cartel


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio