Galician English French German Spanish
Inicio
16 | 10 | 2019
Xuventur 2019. Programa de educación non formal

 
Programa de educación non formal


A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha nova edición do programa “Xuventur”·

Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Ofrécense distintas alternativas de participación nos meses de outubro e novembro, cunha oferta total próxima ás 600 prazas.


Xuventur” está dirixido á xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa Comunidade Autónoma.

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio