Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Presentación libro
07 | 12 | 2019
Presentación libro

 
Presentación libro

Presentación do libro:

"Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda".

Antoloxía poética

A biblioteca Fiz Vergara Vilariño, do IES Gregorio Fernández de Sarria, organiza o acto de presentación do libro de Yago Rodríguez Yáñez titulado “Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda”, publicado recentemente pola editorial Galaxia. O acto de presentación, que terá lugar o xoves 14 de novembro ás 20.00 horas na Casa da Cultura, conta coa colaboración da Galería Sargadelos e do Concello de Sarria.

O autor Yago Rodríguez Yáñez é un grande estudoso da obra do poeta louzariño. Xa no ano 2013 publicou un libro sobre a vida e obra de Fiz Vergara Vilariño, “A peito descuberto”, e que agora amplía con esta antoloxía da súa obra poética e un estudo sobre a mesma.

 

 

 

 

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio