Galician English French German Spanish
Inicio
07 | 12 | 2019
O Xacobeo con jjiffy

 
O Xacobeo con jjiffy

A Xunta impulsa unha plataforma para que veciños e visitantes disfruten e compartan as fotografías do Camiño.Unha aplicación galega e innovadora para compartir fotografías recorre varios concellos galegos para fomentar un Xacobeo máis participativo. A iniciativa nace da convocatoria “O Teu Xacobeo 2021”, impulsada pola Xunta de Galicia.

Adumbro, un estudo de deseño e desenvolvemento web, promove a realización do proxecto “Xacobeo 2021 con jjiffy” co apoio do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

O proxecto “Xacobeo 2021 con jjiffy” nace para enriquecer a experiencia do Camiño de Santiago utilizando unha aplicación ou plataforma social que axuda a compartir as fotografías deses momentos, paisaxes e vivencias do Camiño da forma máis sinxela. O proxecto estase a lanzar nun total de 10 Concellos seleccionados entre os que están no Camiño Francés, no Camiño Inglés e o Camiño Portugués: Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Melide, Arzúa, Betanzos, Ordes, Caldas de Reis e Padrón.

En cada un dos concellos seleccionados promóvese un concurso para que entre os habitantes locais e entre os peregrinos ou peregrinas que o desexen, se xunten todas as fotografías que se están a facer no paso por cada concello. O acceso a estes concursos e a información está disponible a través da páxina web do proxecto xacobeo.jjiffy.in para todo o que queira participar.

O longo das etapas do Camiño coñécese a máis xente e compártese o Camiño con outras persoas. Durante esta actividade realízanse fotografías grupais que quedan almacenadas únicamente no móbil de quen as fixo. A aplicación jjiffy é unha ferramenta para xuntar e recopilar esas fotografías en tempo real, e precisamente a complexidade de jjiffy está en proporcionar ao usuario unha forma sinxela de facelo, sen instalar ninguna aplicación, de forma segura, coa máxima calidade e sen facilitar ningún dato persoal aos demáis.

Cabe pensar que se podería empregar algunha das redes sociais existentes para compartir esas imaxes, pero ditas redes teñen certas limitacións de funcionalidade e perigos de privacidade, como por exemplo o requirimento de instalación de algunha app, a redución da calidade das fotografías, a obrigación de rexistrarse para todo o que queira desfrutar da aplicación ou algo tan
importante, como ter que proporcionar algún dato privado a outra persoa (como o número de teléfono) para poder compartir as fotografías.

Con este proxecto preténdese fomentar a cultura dixital e a innovación a través das novas tecnoloxías, dunha forma simple e accesible, á vez que se promoven as relacións a e convivencia
no Camiño

Concurso Sarria no Camiño, con jjiffy (último día o 31/12/2019)


 

 

Xacobeo 2021

Delegación de Turismo

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio