Galician English French German Spanish
Inicio
25 | 01 | 2020
mod_vvisit_counterNº de visitas1434848
Temos 72 convidados en liña

Fiporco

Recoñecemento da Experiencia Profesional

 
Centro de Información á Muller

 

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

No DOG núm. 226 do 27 de novembro publicouse a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais.
Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A) para un total de 1.800 prazas, nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 6.475 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio. 300 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. 250 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais. 200 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas. 200 prazas.
  • Servizos para o control de pragas. 75 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento. 150 prazas.
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural. 150 prazas.
  • Instrución en ioga. 150 prazas.
  • Vixilancia e seguridade privada. 150 prazas nas unidades de competencia:
    • UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións.
    • UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física.
  • Confección e mantemento de artes e aparellos. 75 prazas.
  • Docencia da formación para o emprego. 100 prazas.


O prazo de inscrición remata o 27 de decembro de 2019.

Máis información no Servizo de Orientación Laboral do CIM.

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio