Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Exposición: O Fin do Camiño
12 | 07 | 2020
Exposición: O Fin do Camiño

 

 Exposición: O Fin do Camiño

  • Do 22 ao 29 de xaneiro de 2020.
  • Antiga Cárcere Comarcal
  • De luns a venres, de 10:00h a 13:00h e de 16:30h a 18:30h

 

Nos últimos tempos, poderes públicos e particulares asumiron a importancia vital dos Camiños de Santiago desde o punto de vista cultural, histórico, turístico ou económico, quedando nun moi discreto lugar o aspecto relixioso, que foi o que fixo nacer o Camiño e o animou durante máis de mil anos, perfectamente compatible con todo o anterior, e que non o anula senón que o acrecenta, ennobrece e potencia.

O Colectivo Egeria propón a realización dunha exposición itinerante titulada O FIN DO CAMIÑO. O obxectivo principal desta exposición será o de falar e promover a reflexión e o diálogo precisamente sobre “o fin” do Camiño de Santiago, o obxectivo que move a unha persoa a percorrer o Camiño. Falamos polo tanto da parte máis íntima e persoal do Camiño, do aspecto espiritual da Vía e do Camiñante.

 

 

 

 

 Exposición: O Fin do Camiño

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio