Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Probas de avaliación en competencias clave
13 | 07 | 2020
Probas de avaliación en competencias clave

 

As competencias clave
Publicada no DOG do 26 de febreiro de 2020, a Resolución do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).  

Trátase dun instrumento para que ás persoas que carecen das titulacións académicas requiridas, poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.


O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de marzo de 2020.

As probas terán lugar o día 16 de maio e serán para os niveis de cualificación profesional 2 e 3. En concreto, para as competencias de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e lingua estranxeira (inglés).

Na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicarase o lugar de realización das probas, formulario de solicitude, calendario e demais información sobre o procedemento

 

As/os interesadas/os poderán tramitar a súa solicitude no departamento de orientación laboral do Centro de Información á Muller (CIM), situado na Casa do Marqués, rúa Matías López núm. 33.

Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio