Galician English French German Spanish
Inicio
04 | 08 | 2020
mod_vvisit_counterNº de visitas1524181
Temos 77 convidados en liña

Servizo de Cita Previa

Campamentos de Verán

 
Campamentos Acción de Verán 2020

A Consellería de Política Social pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de Verán 2020 .

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria do Covid 19 e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar un recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo. Así, a oferta comprenderá actividades para desenvolver en Galicia, coas adaptacións necesarias en canto a limitacións de aforo máximo nas instalacións xuvenís ofertadas, reforzo das medidas hixiénico sanitarias e incremento das rateos monitor/participante para unha prestación do servizo máis eficiente e con todas as garantías.

A Campaña de Verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo, agosto e setembro, en Galicia.
Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...)
Baixo o lema O verán que necesitas, a Campaña de verán de 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia.
  • “Minicampamentos” de 5 días en instalacións turísticas, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.


IDADES
Poden solicitar a participación nas actividades ofertadas as persoas nacidas no ano sinalado para cada actividade no anexo I da orde reguladora. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2020, cómpre destacar:

  • As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento

O prazo de presentación das solicitudes será de sete (7) días hábiles, que se comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da orde reguladora no Diario Oficial de Galicia.

Orde DOG Luns, 15 de xuño 2020

 

 

Máis información na OMIX do Concello de SARRIA  e no correo:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

OMIX

 

 

  Compartir
Cartel

Sarria está viva

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio