Galician English French German Spanish
Inicio Turismo
25 | 10 | 2020
Programa Galicia destino seguro

 
Programa Galicia destino seguro

No camiño de reactivación do sector turístico ante a crise sanitaria da COVID-19, a Xunta e o sector turístico traballan no programa Galicia, destino seguro. Inclúese unha batería de accións para mellorar a información a través dunha serie de manuais por sectores que recompilan os requisitos hixiénico-sanitarios obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidade e recomendacións adaptadas ás especificidades do noso territorio.

Tamén se conta cun Plan de formación específico, con 500 accións formativas previstas que se coordinarán en colaboración co sector, a través do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) así como das asociacións provinciais e organismos sectoriais. Esta formación é gratuíta de carácter voluntario, e pretende que o sector do turismo de Galicia estea formado en materia de seguridade e prevención libre de COVID-19 para facer de Galicia un destino seguro.

As accións da Xunta inclúen asesoramento e financiamento das empresas e profesionais turísticos galegos en materia de seguridade sanitaria para adecuarse á situación actual, no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico.

Para resolver dúbidas do sector turístico en materia de seguridade sanitaria a Xunta habilitou:

O teléfono gratuíto 900 815 334, dispoñible en horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas

O enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Galicia, destino seguro



Nesta páxina, Turismo de Galicia, vai a aglutinar toda a información de interese sobre accións e documentos oficiais relacionados coa COVID-19, conforme se vaian xerando.




 

 

  Compartir
Cartel

Oficina Municipal de Turismo


Avenida da Mercede nº 8 27600 Sarria (Lugo)

Tel. +34 982 53 06 68
turismo@sarria.es

 

Oficina Municipal de Turismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio