Galician English French German Spanish
Inicio
04 | 08 | 2020
San Xoán 2020

 

San Xoán 2020Este ano, con motivo da situación por todas e todos coñecida, vímonos na obrigación de suspender as festas de San Xoán.  Agora ben, aínda que a nova normalidade non nos permite a celebración das patronais ás que estabamos afeitos, a música e a alegría si o están e apostando pola reconstrucción económica, social e cultural e polos grupos, intérpretes e artistas sarriaos, o Concello de Sarria quere celebrar o San Xoán, como se veu facendo case ininterrompidamente desde 1902 e programamos música na rúa, cinema ao aire libre e Maxia para os máis peques.

Na imaxe podedes ver unha mostra de moitos dos programas dos cales se garda copia no Arquivo.

Programa actividades musicais San Xoán 2020

Mércores 24 de Xuño.

  • 12:30 Pasarrúas a cargo de "Peleriños" e "Charanga Polillas" polos barrios da vila.
  • 19:30 Sesión de tarde con "Skintights" na Praza de Sta. Mariña.
  • 20:30 Sesión de tarde con "Influenza" na Praza de Galicia.
  • 23:30 Sesión nocturna con "Skintights" na Praza de Sta. Mariña.
  • 00:30 Sesión nocturna con "Influenza" na Praza da Vila.

Xoves 25 de Xuño.

  • 12:45 Sesión vermú a cargo de "Borja & Nerea" no Barrio da estación.
  • 14:00 Sesión vermú a cargo de "The Dixie Blinders" no Malecón.
  • 22:00 Sesión de tarde con "Los Badulakes" na Praza da Vila.

Venres 26 de Xuño.

  • 19:30 Sesión de tarde con "Proyecto Valley" na zona da Pontevella.
  • 20:30 Sesión de tarde con  "Flying Boogaloos" no Malecón.
  • 23:30 Sesión nocturna con "Proyecto Valley" na rúa Diego Pazos.
  • 00:30 Sesión nocturna con "Flying Boogaloos" no Malecón.

Sábado 27 de Xuño.

  • 12:45 Sesión vermú con "Milton's Jazz" no parque do Chanto.
  • 14:00 Sesión vermú con "Malditos Roedores" na Praza da Constitución.
  • 18:00 Pasarrúas a cargo de "Louband"
  • 21:00 Sesión de tarde con "Doc Magoos" na rúa Calvo Sotelo.
  • 21:00 Sesión nocturna con "Doc Magoos" na rúa Calvo Sotelo.
--
Cine: O xoves 25 na Praza da Vula "María Soinha" ás 21:30

O aforo completarase por estricto orde de chegada. É obrigatorio o uso de máscara

Maxia: O sábado 27 e o domingo 28 na Praza da Vila 12 a 13 horas.
  • O sábado 27 Samuel Moreno e Roberto Lolo.
  • O domingo 28 Roberto Lolo e Mago Rafa.

 

Tamborileira


Historia das Festas de San Xoán por Xaime Félix López Arias

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio