Servizo de cita previa |
![]() Dentro das melloras que se están a implantar no Concello para un mellor servizo ao cidadán, co fin de minimizar as molestias instaurouse un sistema de cita de previa que lle facilita á veciñanza concertar a súa cita co servizo que precise. Esta nova prestación facilitará a planificación do control do aforo nas oficinas municipais.
Ponse a disposición un novo número de teléfono para facilitar a reserva de cita chamando ao 982 53 38 78.
Lembramos que non precisa desprazarse ao Concello para realizar os trámites de Rexistro, estes poden efectuarse fácilmente a través da sede electrónica as 24 horas do día, tódolos días da semana.
O que se fai público para coñecemento xeral. Sarria, a 02 de febreiro de 2016 A ALCALDESA – PRESIDENTA
Asdo.: María del Pilar López Yáñez |