Galician English French German Spanish
Inicio Concello Concello Dixital
04 | 08 | 2020
Novo servizo de cita previa

 
Servizo de Cita Previa

Dentro das melloras que se están a implantar no Concello para un mellor servizo ao cidadán, co fin de minimizar as molestias instaurouse un sistema de cita de previa que lle facilita á veciñanza concertar a súa cita co servizo que precise.

Esta nova prestación facilitará a planificación do control do aforo nas oficinas municipais.


A solicitude de cita previa para a prestación dun servizo por parte desta entidade poderá realizarse a través da sede electrónica, por teléfono, ou presencialmente.

Ponse a disposición un novo número de teléfono para facilitar a reserva de cita chamando ao  982 53 38 78.

 

 

Lembramos que non precisa desprazarse ao Concello para realizar os trámites de Rexistro, estes poden efectuarse fácilmente a través da sede electrónica as 24 horas do día, tódolos días da semana.

 

Concello de Sarria

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

Sarria, a 02 de febreiro de 2016

A ALCALDESA – PRESIDENTA

Asdo.: María del Pilar López Yáñez

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio