Galician English French German Spanish
Inicio
04 | 08 | 2020
mod_vvisit_counterNº de visitas1524192
Temos 151 convidados en liña

Servizo de Cita Previa

Apertura da Aula CeMIT de Sarria

 
Apertura Aula CeMIT

A aula CeMIT de Sarria retoma a súa actividade presencial seguindo as recomendacións de reapertura da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Xunta de Galicia para seguir impulsando o uso das novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital, dotando á cidadanía de coñecementos en competencias dixitais.

Antes de acudir á aula, coa finalidade de respectar o límite de aforo no uso das instalacións, é preciso contar con cita previa aceptada. Para iso, pode solicitar a súa cita vía correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben no teléfono 982 530 723.

Para a semana do 3 ao 6 de agosto de 2020 están previstas as seguintes actividades que se impartiran en diferentes ocasións para que podan asistir o maior número de persoas.

Coñece o servizo de cita previa e a sede electrónica co sistema cl@ve

luns 3 de agosto ás 11:00 horas
martes 4 de agosto ás 17:00 horas

Esta charla ten por obxectivo que a cidadanía coñeza o novo sistema de cita previa do Concello e o seu funcionamento, así como a súa sede electrónica, amosando tamén os primeiros pasos co sistema cl@ve, tanto para a obtención do necesario para a identificación e firma nos trámites dixitais, como para o seu emprego.

Como pasar os arquivos do MÓBIL ao PC

mércores 5 de agosto ás 11:00 horas
xoves 6 de agosto ás 17:00 horas

Nesta actividade demostraremos como utilizar diferentes sistemas para poder pasar os arquivos dende o móbil ao ordenador ou portátil. Despois dunha breve introdución sobre as ferramentas que nos poden axudar, probaremos como conectar do móbil ao ordenador, coñeceremos como empregar a “nube” ou ben instalaremos aplicacións que nos farán posible a transferencia da información entre os dous dispositivos.

Como detectar noticias falsas e enganos nas redes

venres 7 de agosto ás 11:00 horas

Con esta charla preténdese axudar a todos os usuarios a detectar os bulos e enganos que nos chegan, coñecendo os medios e redes polos que adoitan chegar, que tipos hai e como verificalos con ferramentas moi sinxelas dende o mesmo navegador.

 

A aula CeMIT de Sarria está situada na planta baixa da Casa da Cultura (Rúa Marqués de Ugena,  s/n) e o seu horario é, de luns a venres, de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Para cumprir coas medidas de prevención establecidas, os usuarios deberán solicitar cita previa a través do sitio web da rede CeMIT, na ficha da actividade, ou ben chamando ao 982 530 723 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Medidas de seguridade e hixiene  na túa aula CeMIT


CeMIT

 

 

Centro Multimedia de Galicia

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Sarria está viva

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio