Apertura da Aula CeMIT de Sarria |
![]() A aula CeMIT de Sarria retoma a súa actividade presencial seguindo as recomendacións de reapertura da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Xunta de Galicia para seguir impulsando o uso das novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital, dotando á cidadanía de coñecementos en competencias dixitais. Antes de acudir á aula, coa finalidade de respectar o límite de aforo no uso das instalacións, é preciso contar con cita previa aceptada. Para iso, pode solicitar a súa cita vía correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou ben no teléfono 982 530 723.
A aula CeMIT de Sarria está situada na planta baixa da Casa da Cultura (Rúa Marqués de Ugena, s/n) e o seu horario é, de luns a venres, de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Para cumprir coas medidas de prevención establecidas, os usuarios deberán solicitar cita previa a través do sitio web da rede CeMIT, na ficha da actividade, ou ben chamando ao 982 530 723 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .
Medidas de seguridade e hixiene na túa aula CeMIT
|