Exposición: Fillos do Océano |
![]()
«Fillos do océano» é unha homenaxe a todos os mariñeiros artesáns que viven por e para o mar; ámano e venérano, e obteñen de todo o preciso para a súa supervivencia. Mais pretende tamén ser unha chamada de atención sobre a vulnerabilidade dos ecosistemas mariños, para que respectemos e preservemos os océanos da destrución que hoxe ameaza este medio tan fráxil e indispensable para a nosa supervivencia. Só así, conservando e respectando o medio natural, se manterán estas ancestrais culturas ligadas á pesca tradicional e artesanal.
Antiga Prisión Do 5 ao 31 de agosto 2020 De luns a domingo de 9:00 a 18:30 h.
|