Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura A Xanela do Maxín
22 | 10 | 2020
A Xanela do Maxín

 
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

  • Día: Domingo 30 de agosto.
  • Hora: 19:00h.
  • Lugar: Zona Recreativa do Chanto

A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre... acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.

Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.

Recomendado para nenas e nenos dende os 2 anos.

 

Con monicreques e música en vivo!. Entrada de balde ata completar aforo

 

 

 

Organiza:


AGADIC

Delegación de Cultura do Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio