Galician English French German Spanish
Inicio
01 | 12 | 2020
Autocine

 
Autocine

Sarria acollerán o domingo 15 de novembro dúas sesións de autocine, organizadas pola área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración cos concellos. O público decidiu a carteleira mediante unha votación nas redes sociais da  Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O lugar da proxección será a carón do Campo de fútbol da Ribela, cos seguintes horarios:

  • 1ª Sesión: "Os Goonies" ás 17:00h

  • 2ª Sesión: "Gran Torino" ás 19:45h

As películas proxectaranse nunha pantalla led de 24 metros cadrados de superficie visible. O son transmitirase por FM, polo que se poderá escoitar a través dos altofalantes ou do equipo de cada vehículo.

Deberás escoller a ou as películas que queres ver e anotarte para reservar a túa praza neste enlace.

https://eventos.emesports.es/inscripcion/autocine-lugo/inscripcion_datos/?lang=es

Para acceder ao recinto é obrigatorio ir en automóbil, non estará permitido outro método de acceso, tampouco se permitirá sair do automóbil.

Por mor das restriccións sanitarias, os asistentes no mesmo vehículo, deberán ser conviventes, non se permitirá o acceso ao recinto a persoas non convivinte no mesmo vehículo.

 

Organiza:

Autocine

Colabora:

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio