Galician English French German Spanish
Inicio
01 | 12 | 2020
Campaña "O teu exemplo crea sociedade"

 

25N Día internacional da eliminación da violencia de contra a muller

A ÁREA EDUCACIÓN, MULLER, XUVENTUDE E INTEGRACIÓN, lanza a campaña O TEU EXEMPLO CREA SOCIEDADE

Nun ano cargado de incerteza, no que as actividades están a ser reducidas ao mínimo para garantir a nosa saúde, confiemos no noso potencial. Pedímosvos que botedes man da creatividade que sempre demostrastes, e que utilizando o formato que máis se vos adapte, participedes nesta campaña, de xeito individual, ou colectivo, no voso negocio, asociación, equipo, aula, colexio… Que enchamos a nosa vila de mensaxes positivas, de SORORIDADE, de RESPONSABILIDADE, de LIBERDADE. Non obviamos as consecuencias máis dramáticas deste problema social, nin deixamos de facernos eco dos medios e recursos cos que contamos para enfrontarnos a el.


Hai frases contra a violencia de xénero e pola igualdade que nos levan acompañando desde hai décadas; outras acuñarémolas por primeira vez. Nós cremos que importa o seu contido, pero tamén quen as di e como as di; a forza co que as usemos; e, sobre todo, asumilas no noso día a día! Creamos o que cremos!


Daremos a benvida a todas as iniciativas e tentaremos inundar a nosa vila de concienciación. Seguimos a poñer o foco na necesidade de denunciar para saír desta situación, nos medios existentes, pero especialmente na responsabilidade de todos para pór fin a un problema social de raíces moi profundas.


Ilustracións, fotos, vídeos, carteis... recibiremos con moita ilusión as vosas propostas, e tentaremos darlles o maior grao de difusión durante a última semana do mes de novembro co gallo da conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero.

Creamos un correo electrónico específico, ao que podedes enviar as vosas achegas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ; e para calquera dúbida chamade ao Centro de Información á Muller: 982535061. Estaremos á vosa disposición.
Ata o día 23/11/2020 estará aberto. Logo traballaremos para unir todas as accións que recibamos e darlles o protagonismo que merecen entre os sarrianos/as. MOITAS GRAZAS! A IGUALDADE CONSTRUÍMOLA CADA DÍA E BENEFÍCIANOS A TODOS/AS.

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio