- Lugar: Antiga Prisión, Avenida da Mercede, 8.
- Do 4 ao 18 de decembro de 2020.
- Horario: de 9:00h a 14:00h (horario de tardes consultar en 652 51 71 99)
Unha exposición que reúne máis de 40 fotografías realizadas polos voluntarios Pablo Llácer e Eva Pombo, que nos mostran a través dos seus retratos, as realidades e situacións captadas polos seus obxectivos nas súas viaxes solidarias realizadas coa ONG Hospitaleros Sin Fronteras.
Pablo Llácer, fotógrafo de Canals, presenta “ TALIBÉS” o seu último proxecto fotográfico documental, esta vez coa función solidaria de iluminar aos nenos talibés de Senegal, aos que axuda a ONG coa que Pablo colaborou en febreiro de 2019. Destaca no traballo de Pablo o desexo de conectar coas persoas e captar o momento transcendental , auténtico e verdadeiro mediante o retrato, como el di “ capturar o espírito e a esencia doutro ser humano”. Cambiarnos coa mirada sincera destes nenos e involucrarnos como parte do posible cambio.
Eva Pombo, colaboradora actual da ONG, móstranos “ TERÁNGA” unha selección de instantáneas vividas na súa viaxe solidaria coa ONG en febreiro de 2020 a Saly, Senegal. Teránga é a palabra que define o espírito da Hospitalidade en Senegal, asociado á tolerancia, o respecto e a axuda. Con esta colección de imaxes, Eva desexa poder transmitir aos ollos do espectador o significado de Teránga, co obxectivo de conseguir a través dos retratos que se capte os froitos do traballo enriquecedor de Hospitaleros Sin Fronteras e a esencia do significado de Teránga nas miradas dos protagonistas destas fotografías, sobre todo dos máis pequenos.


|