
O concello de Sarria congratúlase da decisión da Real Academia Galega de adicarlle o Día das Letras Galegas á sarría Xela Arias Castaño. Homenaxe merecido a unha muller que supón unha “voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.
Sarria, que aposta firmemente pola cultura en xeral e a poesía en particular, cun premio de poesía e de longa tradición e único en Galicia, felícitase deste recoñecemento a unha muller, a quinta á que se rinde este homenaxe, sarriá de sentimento, de vinculación e fomación.
O concello de Sarria quere lembrar en este momento á súa nai, Amparo Castaño, e ,ao seu pai, Valentín Arias, que xa non está entre nós. Ambos tan queridos e vinculados á cultura, á educación e ás tradicións da nosa terra.

|