Inicio
04 | 07 | 2022
Plan de Hostalería Segura da Xunta de Galicia

 
Plan de Hostalería Segura da Xunta de Galicia

Código QR e datos de aforo nos establecementos turísticos de Galicia.

A Xunta estende a moratoria para a descarga dos carteis co límite de capacidade dos locais e do código QR para o rastrexo de posibles contaxios da Covid-19 co fin de que os hostaleiros poidan adaptarse á nova normativa e á posta en marcha dun Plan de hostalería segura que permita compatibilizar a actividade no sector coas normas sanitarias.

Acordouse a prórroga da súa entrada en vigor ata o venres 12 de marzo ás 00.00 horas, a partiri do cal será obrigatorio que os establecementos de hostalería teñan nun lugar visible cartel informativo sobre o aforo que inclúa o código QR do local.

A través de do espazo web Turespazo da Xunta de Galicia, os propietarios dos establecementos turísticos deben descargar os carteis que están obrigados a colocar nun lugar visible do acceso ao establecemento a partir deste venres. Neles deberá constar a capacidade máxima do local, a porcentaxe de uso e a capacidade máxima permitida en función das normativas sanitarias vixentes, tanto no que atinxe ao interior coma no exterior do local. O enlace á ferramenta e o seguinte: https://turespazo.turismo.gal/es

Nesta mesma web cada propietario tamén xerará o código QR do seu establecemento, que calquera usuario poderá escanear a través da aplicación PassCovid, rexistrando así a súa visita ao establecemento, de maneira opcional, pero colaborando con esta acción na rastrexabilidade dos posibles gromos que se poidan producir.


Ademais no espazo https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura os hostaleiros poderán atopar guías para resolver problemas de acceso.

Guia rapida Declaracion Capacidade Maxima

Procedemento declaracion responsable aforo

 

 

 

Delegación de Turismo

Xunta de Galicia

 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio