Plan de Hostalería Segura da Xunta de Galicia |
![]() Código QR e datos de aforo nos establecementos turísticos de Galicia.A Xunta estende a moratoria para a descarga dos carteis co límite de capacidade dos locais e do código QR para o rastrexo de posibles contaxios da Covid-19 co fin de que os hostaleiros poidan adaptarse á nova normativa e á posta en marcha dun Plan de hostalería segura que permita compatibilizar a actividade no sector coas normas sanitarias. Acordouse a prórroga da súa entrada en vigor ata o venres 12 de marzo ás 00.00 horas, a partiri do cal será obrigatorio que os establecementos de hostalería teñan nun lugar visible cartel informativo sobre o aforo que inclúa o código QR do local. Ademais no espazo https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Hostalaria-segura os hostaleiros poderán atopar guías para resolver problemas de acceso.
Guia rapida Declaracion Capacidade Maxima
Procedemento declaracion responsable aforo
|