Galician English French German Spanish
Inicio
07 | 12 | 2021
Xela Arias: Letras Galegas 2021

 
Xela Arias: Letras Galegas 2021

O pasado 4 de marzo, día en que  Xela Arias cumpriría 59 anos, comezamos en Sarria os actos de homenaxe con motivo das Letras Galegas 2021. E fixémolo da mellor maneira posible: coa inauguración da exposición "Xela, aquela nena de Sarria", obra do colectivo Egeria.

A exposición comezou no IES  Xograr Afonso o seu periplo por todos os centros educativos do municipio, co que todos os nosos estudantes poderán achegarse á vida e obra e sobre todo, nenez, desta sarriá.

Os que xa terminamos os nosos estudos podemos vela na exposición da web e na exposición do Museo Virtual Egeria

O concello sarriao quere agradecer ao Colectivo Egeria, á Secretaría  Xeral de Política Lingüística, á Real Academia  Galega e moi especialmente á familia de Xela que a fixeran posible.

  • Días 9,10, e 11 de marzo: IES Xograr Afonso Gòmez
  • Días 12 e 15 de marzo: CP Frai Luis de Granada
  • Días 12 e 15 de marzo: EEI de Sarria
  • Días 16, 17 e 18 de marzo: IES Gregorio Fernández
  • Días 22 e 23 de marzo: Colexio "Da Merce”
  • Día 24 de marzo: CP Antonio Fernández López
  • Días 25 e 26 de marzo: Nosa Señora da Asunción

 

 

 

Promove:

Colectivo Egeria

Colabora

Real Ademia Galega

Delegación de Cultura do Concello de Sarria

Patrocina:

Xunta de Galicia

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio