Galician English French German Spanish
Inicio
18 | 04 | 2021
mod_vvisit_counterNº de visitas1618924
Temos 38 convidados en liña

Servizo de Cita Previa

Xela Arias: Letras Galegas 2021

Probas de avaliación en competencias clave

 

As competencias clave
Publicada no DOG do 5 de marzo de 2021, a Resolución do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade dos niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A). 


Trátase dun instrumento para que ás persoas que carecen das titulacións académicas requiridas, poidan acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.


O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de abril de 2021.

As probas prevese que teñan lugar a finais de xuño e serán para os niveis de cualificación profesional 2 e 3. En concreto, para as competencias de matemáticas, lingua castelá, lingua galega e lingua estranxeira (inglés).

Na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade publicarase o lugar de realización das probas, formulario de solicitude, calendario e demais información sobre o procedemento

 

As/os interesadas/os poderán tramitar a súa solicitude no departamento de orientación laboral do Centro de Información á Muller (CIM), situado na Casa do Marqués, rúa Matías López núm. 33. Teléfono: 982535061

Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Sarria está viva

Portal de transparencia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio