Galician English French German Spanish
Inicio
18 | 06 | 2021
Alfombras florais 2021

 
Alfombras florais 2021


Lembrades as alfombras florais? O bonito que é a arte efémera floral?
Este ano vai ser moi intenso para @s alfombrist@s, necesitan axuda máis que ningún ano xa que se van a facer tres alfombras:

  • A primeira, o día 5 de xuño, a tradicional alfombra do Corpus Christi.
  • O 12 de xuño axudaremos aos veteranos alfombristas de Ponteareas, que están a percorrer Galicia ensinando a súa arte.
  • E finalmente, celebrando o Xacobeo 21-22, alfombristas de todo o mundo debuxarán as nosas rúas coa mesma alfombra floral o 25 de xullo.

Animádesvos?

Tod@s podemos colaborar: axudando a preparar o verde (na  Feculera), regalando flores dos nosos xardíns, ou debuxando ou montando as alfombras.

Tódalas tardes estaremos traballando na Feculera. O ambiente é estupendo. Garantizado.  Podedes chamar ao  Concello e informaranvos de canto desexedes. Moitas grazas a tod@s!

 

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio