Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura XIV Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria
23 | 10 | 2021
XIV Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria

 
XIV Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria

Os próximos 1 e 2 de outubro celébranse na Casa da Cultura de Sarria as  XIV Xornadas Xurídicas Román García Varela do Concello de Sarria.

Ilustrarannos acerca de “La Igualdad de Género en el ámbito jurídico”  xuristas de recoñecido prestixio de todo o ámbito nacional e galego, como sempre: Juan José González Rivas, Presidente do Tribunal Constitucional; José Ramón Navarro Miranda (Presidente da Audiencia Nacional); Ana María Ferrer García (Maxistrada do Tribunal Supremo); José Antonio Seijas Quintana (Maxistrado xubilado do Tribunal Supremo); Sergio  Orduña Alonso (Maxistrado do Xulgado de Instrución  N.º 3 de Lugo; Clara Martínez  Careaga (Maxistrada do Tribunal Supremo e Vogal do  CGPJ e Presidenta da Comisión de Igualdade do  CGP; Carlos Lema Devesa  (Catedrático de Dereito Mercantil); Carmen Roda  Castañón (Funcionaria do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos das Nacións Unidas en Xenebra); Santiago Miguel Cruces (Fiscal delegado de Discapacidade de Galicia); Fernando Ledesma  Bartret (Conselleiro de Estado); Ignacio  Picatoste  Sueiras (Presidente da Audiencia Provincial da Coruña); María Encarnación Roca  Trías (Vicepresidenta do Tribunal Constitucional e Catedrática de Dereito Civil); María Emilia Casas Baamonde ( Expresidenta do Tribunal Constitucional e Catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade social e Juan Carlos Campo Moreno ( Exministro de Xustiza e Maxistrado da Sala do Penal da Audiencia Nacional).

Tanto os directores , Román García-Varela Iglesias e Carlos Lema Devesa, como o organizador, o  Concello de Sarria,  personificado no alcalde, Claudio Garrido Martínez,  tiñan a esperanza de que a situación sanitaria permitise recuperar a normalidade en canto ao aforo.  Lamentablemente non foi así, e as restricións fan que non todos os que quixésemos podamos asistir presencialmente ás conferencias e mesas redondas previstas.

Con todo: A fundación TIC, do Servizo de Audiovisuais da Deputación Provincial de Lugo, retransmitirá as sesións na canle de Yotube da Deputación de Lugo, de tal forma que todo aquel que o desexe poderá seguilas en directo. Estas son as ligazons das retransmisión:

Ademais, a UNED súmase este ano, tal e como estaba previsto no 2020, ás Xornadas Xurídicas Román García Varela.

 

 

Información Concello de Sarria. Tf: 982 535 000 || Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio