Antiga Prisión Preventiva - Oficina Municipal de Turismo de Sarria. Avenida da Mercede, 8.
Do 25 de outubro ao 12 de novembro de 2021.
De luns a venres de 9:15h a 14:30h (outros horarios consultar en 982 53 06 68 ou 982 53 50 00).
As imaxes que viron os peregrinos.
Sabemos cal é a fin do Camiño, de todos os Camiños, á terra da fin do mundo coñecido: Compostela, a capital de Occidente. E sabemos tamén cal é o fin do Camiño, o motor que sempre moveu ao peregrino.
Coñecemos o sentir dos peregrinos ao camiñar, ao axeonllarse diante da tumba do Apóstolo, e ao afrontar o camiño de volta.
Podemos contemplar o que na actualidade ven os peregrinos ao entrar en Galicia, nas terras lucenses, xa moi preto de Compostela.
Velaquí o que os peregrinos doutrora contemplaban nestas terras lucenses como sorpresa incógnita, limiar do impacto visual de Compostela.
www.nocamiño.org

|