Servizo de Atención Temperá |
O día 28 de xullo do 2021, ponse en marcha o servizo de Atención temperá da agrupación, Sarria, Láncara, Triacastela, Páramo, Paradela, Samos e o Incio mediante unha subvención da Xunta de Galicia, procedente de Fondos Europeos, solicitada polo concelleiro de servizos sociais e apoiada por todos, os alcaldes e alcaldesas da comarca.
Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020
As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
|