Programación Nadal en Sarria 2021 |
![]() O Concello de Sarria deséxalles unhas moi Felices Festas, e anímalles a participar nas actividades organizadas para todos. Xoves 23 de decembro18:00 H DESFILE DE PAPÁ NOEL E O APALPADOR SOLIDARIO, organizada polo Club Clásic@s Sarria e o Concello de Sarria coa colaboración dos clubes e escolas desportivas do municipio. Sábado 25 de decembro18:00 h na Casa da Cultura, NADAL MÁXICO en SARRIA con ROBERTO LOLO Domingo 26 de decembro17:00 H no Estadio Municipal de A Ribela, partido solidario dos equipos xuvenís da SD Sarriana e CF Calasancio. Luns 27 de decembro20:00 h na Casa da Cultura, “A TORTILLA E A PESTE”, teatro para todos os públicos con Nova Escena Teatro. Martes 28 de decembro17:30, na Casa da Cultura, BELARMINA A FLAMANTE VELUTINA, títeres para @s máis peques. Mércores 29 de decembro19:00 H na Casa da Cultura, “RÚAS DE SÁRRIA. PASADO, PRESENTE E FUTURO”, conferencia e posterior faladoiro con Xaime Félix López Arias. Xoves 30 de decembro17:30 H na Casa da Cultura “VEN LER CON NÓS UN POEMA DE XELA ARIAS”, organizado pola Biblioteca do IES Gregorio Fernández, despediremos o ano Xela Arias lendo a súa obra. Venres 31 de decembro18:00 MILLA URBANA DE SARRIA Domingo 2 de xaneiro17:30, na Casa da Cultura, CONTOS DE NADAL II con César No. Mércores 5 de xaneiro18:00 VISITA DOS REIS MAGOS Á VILA E PARROQUIAS DO CONCELLO DE SARRIA E ademais: Recordade que a pista de xeo estará instalada na Praza da Vila entre o 23 de decembro e o 9 de xaneiro e que podedes ver a exposición “50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE” no edificio das piscinas climatizadas ata o 9 de xaneiro.
|