OMIC |
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
O Instituto Galego de Consumo ten atribuídas competencias de control de mercado e inspección dos produtos, bens e servizos postos á disposición dos consumidores co obxectivo de garantir unha adecuada protección dos seus dereitos en especial os relacionados coa información, a seguridade e os seus intereses económicos.
Esta protección realízase mediante actuacións inspectoras, informativas ou derivadas de denuncias, rede de alerta, comunicacións e inhibicións doutras comunidades autónomas, así como de campañas que incidan sobre produtos, servizos ou prácticas comerciais nos que se considera oportuno actuar para o seu control. As campañas de control de produtos constitúen un medio eficaz para comprobar a calidade e seguridade dos produtos permitindo a adopción de medidas para protexer os intereses dos consumidores. |