OMIC |
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
O impreso orixinal da folla de reclamación de cor branca será dirixido polo reclamante ao servizo provincial de consumo da provincia onde radique o establecemento ou centro, podendo presentarse en calquera centro ou oficina da Administración da Xunta de Galicia ou en calquera dos previstos no artigo 38.4º da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, quedando a copia de cor verde na súa poder, e a de cor amarela en poder de reclamado. Tamén se poden presentar nas Oficinas Municipais de Información ao Consumidor (OMIC) ou nas Asociacións de Consumidores e Usuarios. Así mesmo indicaranse as pretensións da reclamación e se desexa que sexa resolta a través do Sistema Arbitral de Consumo. |