Galician English French German Spanish
Inicio
25 | 01 | 2021
XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

 

Fiz Vergara Vilariño 2012

  1. O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos convocan o XIII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
  2. As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega.
  3. A Extensión mínima será de 400 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
  4. Os traballos presentaranse por quintuplicado, mecanografados a dous espazos e baixo plica. Enviaranse por correo certificado a: XII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO, Concello de Sarria, Rúa Maior 14, 27600 Sarria, até o 31 de xaneiro de 2013.
  5. Estableceuse un único premio indivisíbel dotado con 6000 euros, suxeito á normativa fiscal vixente. O Xuri poderá deixar deserto o premio se considera que as obras presentadas non acadan unha mínima calidade.
  6. O xuri estará composto por persoas de prestixio no mundo da creación ou a crítica literaria. Actuarán como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos e como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, os dous con voz e sen voto. A decisión do xuri será inapelábel e será dada a coñecer no primeiro cuatrimestre de 2013.
  7. A obra premiada será propiedade do seu autor, agás a primeria edición que será publicada pola Editorial Espiral Maior. En posteriores edicións farase constar a condición de premiada no XIII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
  8. Os orixinais non premiados non serán devoltos e serán destruidos. Non se manterá correspondencia cos autores/as.
  9. A interpretación destas bases correspondelle ao xuri. A participación no certame implica a súa aceptación.

Presentación XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio